PROGRAMA

Mestre de cerimonias: Xosé Touriñán
19.45 H. Control de Acceso
20.00 H. Cóctel de benvida
21.00 H. Acto de entrega dos premios do CPEIG
21.45 H. Cea de gala
23.30 H. Actuación de Juan Tamariz
Barra libre ao rematar

Premiados

Premio Proxecto Fin de Carreira/Master

Roberto Carracedo Varela, polo seu proxecto “LogShock: sistema de monitorización e control da suspensión axustable dun vehículo”. O traballo fin de mestrado consistiu no desenvolvemento dun sistema que permite a obtención de información obxectiva sobre o comportamento das suspensións dun vehículo en marcha.

Premio e-Inclusión

O sistema de teleasistencia avanzada impulsado pola Cruz Vermella, co apoio técnico de Televés, e que de xeito pioneiro está implantado como servizo en Galicia grazas ao financiamento da Xunta.

Premio Iniciativa Emprendedora

Dúas empresas galegas con dimensión internacional, Linknovate e Situm, resultaron gañadoras ex aequo deste galardón.

Linknovate Science S.L. nace no ano 2012 en Palo Alto, na aceleradora de startups da Universidade de Stanford, co obxectivo de axudarlles ás empresas a identificar tecnoloxías e mercados emerxentes, e os seus axentes clave.

Situm Technologies S.L. é unha spin-off do Centro de Tecnoloxía Avanzada da USC (CITIUS), fundada en 2013. Desenvolveu unha tecnoloxía de posicionamento en interiores única tras máis de 7 anos de investigación aplicada en robótica móbil e intelixencia artificial.

Premio Iniciativa Empresarial

ABANCA, en recoñecemento á transformación tecnolóxica da rede bancaria e á súa capacidade tractora, que a converte nun dos principais polos tecnolóxicos de Galicia, fundamental na creación e potenciación do ecosistema do sector TIC galego.

Premio Ada Byron

María José Talavera, directora xeral de VMWare en España. Licenciada en Informática pola Universidade Politécnica de Madrid, foi directora xeral de Compuware, onde puxo en marcha unha estratexia centrada no mercado do rendemento de aplicacións. Traballou tamén en IBM, INSA e Lambda.

Premio Iniciativa da Administración

A iniciativa “Ourense Provincia Intelixente” da Deputación de Ourense. O xurado valorou a aplicación do concepto de “Smart City” ao eido provincial, de xeito que unifica e centraliza esforzos nun gran proxecto cunha visión global da provincia.

Premio Traxectoria Profesional

Andrés Xavier García-Rodeja Fraga, director do Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de DXC Technology en Galicia. Colexiado do CPEIG desde a súa creación, foi xerente de desenvolvemento da unidade de Big Data e Analytics de Hewlett Packard Enterprise para España e Portugal, onde dirixiu un equipo de máis de 100 profesionais.

Premio 10 anos conectad@

Co gallo do seu décimo aniversario, o CPEIG recoñece nesta edición da Noite o apoio prestado por diversas persoas á actividade do colexio nestes dez anos de andaina, que permitiu desenvolver numerosas iniciativas de xeito conxunto:
Víctor Salgado Seguín, avogado socio do bufete Pintos&Salgado.
María Xosé Rodríguez Malmierca, coordinadora do proxecto ICT-Go-Girls! do CESGA
Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública.
Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade.
Mar Pereira, directora da Amtega.

 

Colexiada de Honra

Mar España Martí, directora da Axencia Española de Protección de Datos, polo seu apoio continuo á difusión da protección de datos de carácter persoal e o uso das Tecnoloxías da Información como ferramenta de progreso, invitando á reflexión sobre os riscos dun uso non axeitado.

Espazo

San Francisco Hotel Monumento, situado a 150 metros da Catedral en pleno casco histórico de Santiago de Compostela, ofrece todo o encanto dun convento franciscano do século XIII combinado cos servizos e comodidades dun hotel moderno.

En concreto, dous espazos sérvennos de escenario para a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia: o claustro, no que se desenvolve o cóctel de benvida e o patio de cristal, onde entregamos os nosos galardóns e gozamos da cea de gala.

GALERÍA FOTOGRÁFICA

VÍDEO

▲ SUBIR