PROGRAMA

Mestre de cerimonias: Carlos Latre
19.45 H. Control de Acceso
20.00 H. Cóctel de benvida
21.00 H. Actuación e acto de entrega dos premios do CPEIG
22.00 H. Cea de gala
23.45 H. Barra libre e DJ

Premios

Premio Proxecto Fin de Carreira/Master

O premio recaeu en José Joaquim de Moura Ramos polo seu proxecto “Reconstrución 3D da árbore arterio-venosa da retina a partir de imaxes OCT” como traballo fin de máster na Universidade da Coruña.

Premio e-Inclusión

Proxecto Digitalizadas, polos valores que fomenta ao desenvolver competencias tecnolóxicas que permiten a mulleres, especialmente da contorna rural, aumentar a súa influencia persoal e profesional en Internet. O programa foi posto en marcha pola Fundación Cibervoluntarios, Fundación Mujeres e Google.org, coa colaboración do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

Premio Iniciativa Emprendedora

A distinción recaeu na aceleradora Vía Galicia, por dar soporte e asistencia na súa fase inicial a emprendedores e empresas, aportando capital semente, formación, infraestruturas e asesoramento intensivo. Vía Galicia é un ecosistema para emprendedores, situado en Nigrán e promovido pola Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia.

Premio Iniciativa Empresarial

O CPEIG recoñeceu o labor de ISMS Forum por incentivar o fomento da seguridade da información a través da promoción do desenvolvemento, coñecemento e cultura da Seguridade da Información en España e actuar en beneficio de toda a comunidade implicada no sector.

Premio Ada Byron

O premio recaeu este ano en Miriam Pena Villanueva. O CPEIG valorou a súa meteórica progresión profesional, seleccionada pola plataforma Women 2.0 como unha das doce enxeñeiras máis importantes en Silicon Valle en 2018.

Premio Iniciativa da Administración

O Colexio distinguiu ao Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE), unha entidade de referencia para o desenvolvemento da ciberseguridade e da confianza dixital dos cidadáns, con especial interese nos menores, e tamén nas empresas, sobre todo en sectores estratéxicos.

Premio Traxectoria Profesional

O colectivo recoñece o percorrido profesional de Lucía Ardao Rodríguez. Licenciada en Informática e Máster en Telemática pola Universidade da Coruña, programa de Alta Dirección AMP da IE Business School e programa Executiva da Xunta de Galicia son algúns dos seus méritos académicos.

Premio 10º Aniversario de A Noite

Distinción de agradecemento a empresas pola súa constancia no apoio ao longo destes dez anos de A Noite: Telefónica, Plexus, HPE, Bahía Software e Xunta de Galicia.

Colexiado de Honra

O CPEIG decidiu conceder esta distinción especial a Juan Pablo Peñarrubia Carrión, presidente do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática (CCII).

Espazo

San Francisco Hotel Monumento, situado a 150 metros da Catedral en pleno casco histórico de Santiago de Compostela, ofrece todo o encanto dun convento franciscano do século XIII combinado cos servizos e comodidades dun hotel moderno.

En concreto, dous espazos sérvennos de escenario para a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia: o claustro, no que se desenvolve o cóctel de benvida e o patio de cristal, onde entregamos os nosos galardóns e gozamos da cea de gala.

GALERÍA FOTOGRÁFICA

▲ SUBIR